Astronauta


A poesía do rap chegoume hai vinte anos da man de Gabriel o Pensador, unha especie de filósofo contemporáneo, que escolleu esa linguaxe para expresar o seu activismo social. Nunha da súas cancións falaba cun astronauta e razoaba os motivos polos que quería volver á Terra. Dicíalle: «Fica por aí que é o melhor que você faz. A vida por aqui tá difícil demais», e remataba coa idea de que tendo a afortunada perspectiva de ver o mundo dende a Lúa, por que querería un volver?

Tal día coma hoxe do ano 1957 lanzouse ao espazo o satélite Sputnik 1. A ONU celebra esta efeméride coa Semana mundial do espazo, para así lembrar «as contribucións da ciencia e da tecnoloxía espacial ao melloramento da condición humana». Pero esta semana tamén saíu a nova de que Elon Musk, o magnate de Tesla e Space X, xa ten listo o prototipo co que os seres humanos viaxarán a Marte... Entón cismei sobre a utópica idea dun futuro no espazo, e sobre o feito de que, se Musk considera que o está a facer para a supervivencia da especie humana, a realidade é que a experiencia nos amosa que somos nós os que acabamos con nós mesmos. E que, sen un exercicio de autocrítica e de autocontrol, acabaremos con Marte como acabamos con todo.

A ciencia e a tecnoloxía melloran a condición humana de fóra para dentro, pero como melloramos a condición humana de dentro para fóra?

As artes abren unha porta á reflexión e á filosofía. E os artistas que asumen esa responsabilidade axudan a cambiar o mundo tanto ou máis que a ciencia e a tecnoloxía: axúdannos a imaxinar. Xa o dicía Caetano Veloso «Se você tem uma idéia incrível é melhor fazer uma canção. Está provado que só é possível filosofar em alemão»...

;
El multimillonario Elon Musk presenta su plan para colonizar Marte La compañía SpaceX espera enviar el primer cohete con pasajeros en el 2024

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Astronauta