Lacon Network

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

OPINIÓN

07 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

En España distínguese entre ordenador e computador porque os nosos primeiros teóricos da Informática foron enxeñeiros de telecomunicación con posgrao na Sorbona, onde se inventara a palabra ordinateur, máquina superior en intelixencia ao computador. Iso ocorría nos anos 60 do pasado século XX. Despois chegaron as facultades de Informática, os centros de cálculo, os ordenadores persoais e o networking: as máquinas lóxicas en rede.

Europa foi raíña da Informática ata que América e Asia lle sacaron o trono. En Galicia non deixou de medrar esa área de coñecemento e de empresa, acomodándose aos tempos. A telemática (mestura de telecomunicacións e informática) permitiu o teletraballo informático ata o facer ubicuo. De feito, Galicia ten unha constelación de empresas de software que traballan para todo o mundo.

Desa constelación xurdiu unha idea tan mestiza e universal coma o seu nome retranqueiro: Lacon Network. Iniciada como unha xuntanza informal, acabou sendo organización de referencia, que acolle canta novidade produce sobre equipamento e programación.

No seu evento formal de 2019 sorprendeu coa exposición de todo o que está na crista da onda, comezando pola intelixencia artificial, incapaz de superar a dos seus creadores (o que asegura unha longa vida á rede lacoeira).