Unha famosa canción de Pink Floyd fala do lado escuro da Lúa, pero esta non ten sempre o mesmo lado escuro. Estando en calquera punto dela, veríamos que o Sol nos daría unha volta cada 29 días; é dicir: o día na Lúa dura 29 días terrestres. O que si fai é agocharlle a mesma cara á Terra (porque esta tira con máis forza dunha metade da Lúa que da outra). Así non é posible enviar ata esa cara oculta sinais de radio dende a Terra. Polo tanto é moi notable a recente alunizaxe alí dunha nave chinesa. Para facer posible o contacto con ela China tivo que lanzar antes un satélite que, dende a órbita lunar, fai de repetidor. Dende o punto de vista científico básico, o principal atractivo é que a cara oculta da Lúa ten máis cicatrices de impactos de meteoritos, ao non estar protexida pola Terra. Ese maior número de impactos fai que a superficie da cara oculta estea máis bulada e polo tanto os xeólogos poidan traballar mellor.

De tódolos xeitos, o meirande interese desta misión non é a ciencia básica, senón a proba de tecnoloxía para alunizaxes deste tipo. É máis: o meirande interese non é científico-tecnolóxico, senón político, de afirmación de imaxe exterior. Cómpre lembrar que a exploración do espazo que tivo lugar dende finais dos anos 50 ata os anos 70 (un dos meirandes fitos da especie humana) non foi motivada por interese científico, senón pola rivalidade entre os EE.UU. e a URSS en plena Guerra Fría. Non en van se alude a ese esforzo científico-tecnolóxico como a ‘carreira espacial’. ¿Estaremos ás portas dunha nova carreira?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
18 votos
Comentarios

Lúa chinesa