A serra


Teño un trauma infantil: a serra eléctrica partindo a leña na casa de miña avoa. Se teño que rememorar o meu primeiro ataque de ansiedade, velaí me vén o son aterrador do motor e a visión da folla ciscando serraduras. No meu maxín, vin claramente como a serra se lle soltaba das mans ao meu tío e lle segaba as pernas, para vir despois detrás de cada un de nós, partíndonos á metade. Tería eu cinco ou seis anos e creo que nin sequera chorei. Só me batía o corazón a toda máquina e suábanme as mans. Nunca máis me acheguei a unha serra eléctrica, nin quixen ver A matanza de Texas. En cambio, o resto das serras dábanme igual. As serras manuais, as de dobre mango, as serras de marquetería, as serras cirúrxicas... Algo en min rebélase contra un motor que me parece incontrolábel, pero, non sei por que, confío nunha serra sinxela nas mans dun ser humano. Cousas das fobias.

 

A Jamal Kashoggi, un xornalista saudita moi crítico coa ditadura do seu país, desmembrárono vivo cunha serra cirúrxica no consulado saudita en Istambul. Acudiu alí só porque precisaba arranxar os papeis para casar. Namorado, por tanto, así que aparvado, coa garda baixa, feliz. O seu asasino escoitaba música por uns auriculares mentres ía cortándoo, aínda vivo, en pedaciños que xa non ían poder casar, nin bicar, nin, sobre todo, escribir sobre a liberdade. «Mentres fago este traballo, escoito música», di nunhas gravacións publicadas por The Whashington Post dignas do mesmísimo Hannibal Lecter. Escóitoas, e imaxino a serra de cirurxián co seu motoriño pequeno, potente coma a serra eléctrica do meu tío grazas, non sei, ao Outono de Vivaldi que, desde o iPhone, impulsa unha man feliz que corta a voz dun xornalista. Vomito.

A Jamal Kashoggi, un xornalista saudita moi crítico coa ditadura do seu país, desmembrárono vivo cunha serra cirúrxica no consulado saudita en Istambul

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
13 votos
Comentarios

A serra