Non se arrepinten

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

SANDRA ALONSO

25 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O auto que pon en liberdade condicional a La Manada será axustado a dereito, pero iso non quere dicir que sexa xusto. É rechamante que tanto na sentenza condenatoria como neste auto haxa un xuíz que disente da decisión dos seus colegas; o que pon de manifesto que non hai criterios obxectivos e que é a subxectividade de cada xuíz o que lle leva a manter unha ou outra postura. A consecuencia lóxica sería reformar o código penal no referente a agresións a mulleres, para facer máis obxectivas as sentenzas e tamén o que propón o actual goberno: dar aos xuíces unha formación que lles permita superar a herdanza machista e patriarcal da nosa sociedade; cousa que soa máis a utopía que a posibilidade real. En ningún momento os acusados manifestaron a menor dúbida sobre o seu comportamento ou o da vítima. Están seguros de que foi consentido todo o que fixeron; nunca pensaron se non sería medo o que a levou á súa actitude pasiva, nin se o que estaban a lle facer podía non gustarlle a unha muller. E abandonárona, levándose o seu móbil, quizá para cobrarse o favor sexual que lle facían?... Non se arrepentiron. Poida que estean convencidos de actuar correctamente, ou poida que fínxeno, pero esa actitude resultoulles positiva e están en liberdade, e xa se sabe que a cabra tira ao monte... Se non hai arrepentimento, non hai perdón. Poida que non sexa legal, pero é xusto.