Ser feminista


Son un feminista declarado, seguro, pero quizais non o fun sempre. De certo, creo que fixen unha aprendizaxe progresiva, acorde coa evolución dos tempos, ata chegar á conclusión de que hoxe non ser feminista é ser parvo, inculto e mala persoa. Ata aquí me viñeron traendo as idades cumpridas e, sobre todo, os feitos observados e cuestionados. Hoxe penso que, como ben anticipou Karl Marx, «calquera que saiba un pouco de Historia, sabe que o progreso sería imposible sen a figura feminina». Mais a nosa realidade de cada día fainos ver aínda a miserable e porca cegueira na que vivimos.

Non falo xa dos anonimatos forzados nin dos silencios impostos, que deberían figurar como delitos cando menos culturais. Falo simplemente da insolidariedade humana, feita de ignorancias e de insensibilidades. Non penso que todo isto sexa obra dunha cegueira voluntaria ou interesada, pero si que é froito dunha insensibilidade que non deberiamos permitirnos. Porque o resultado desa ausencia de sensibilidade é unha incomprensión cruel e, aínda peor, culpable... Pois tamén se pode ser culpable de non ver ou de non saber interpretar correctamente o que sucede cada día arredor de nós.

Unha visión feminista no seo da nosa sociedade significa asumir unha confrontación orientada a erradicar a desigualdade de xénero, coa conseguinte promoción dos dereitos das mulleres e da súa posición na sociedade. Algo que debería suceder sen termos que dexenerar, en ningún caso, nunha guerra de sexos. Porque as guerras significan sempre un fracaso do talento e das capacidades humanas de convivencia. É dicir, son unha derrota da nosa evolución como persoas. Un desastre verdadeiramente histórico.

¿En que fase estamos agora? Na dos cambios favorables, sen dúbida, cos homes xa incorporados ao cambio dos seus propios roles tradicionais masculinos. Non obstante, aínda estamos a facer o camiño e pode que non todo sexan acertos e avances, pero de algo estou xa completamente convencido: non é posible un retroceso global! Porque nin as mulleres nin os homes o consentiriamos. Xa non se pode volver á caverna neolítica!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Tags
Comentarios

Ser feminista