Os novos morcegos


Hai uns días publicaba La Voz o acertado artigo «Los drones van más rápido que la ley» do profesor Casalderrey. Os vehículos voadores non tripulados (VVNT) están obrigando ós lexisladores a correren atrás del. De feito, en España as empresas de drons veñen de recibir boas novas: os voos fanse máis estritos na profesionalidade. Apunta Casalderrey ao problema enerxético dun determinado tipo de VVNTs, os alcumados de «abázcaros» polo funguido que producen os seus rotores. Estase a resolver con sistemas híbridos térmico-eléctricos, coma o dun aparello español que superou 4,5 horas de autonomía. Mais o chamado I+i hoxe colócanos no intre de esquecermos o termo drone e a súa versión galega: abellón. Grupos de investigación fixaron os seus obxectivos en VVNTs a imitaren os xeitos de voar máis eficientes; e velaí que o Cal Tec xa puxo no aire un silente morcego mecánico con membranas de látex que supera as habilidades do abellón fungón. A partir de agora, logo, imos falar de morcegos teleguiados (e de colibrís -co poético nome portugués de beija flores- dese xénero).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos
Comentarios

Os novos morcegos