Rapaciña nova


Caro Andrés: o Lasén e eu xa os fixemos. Ti valos facer mañá. Ao Cuqui aínda lle quedan dous anos. Ela (ás damas nunca se lles pregunta a idade) debe ter os cinco de sempre menos ca nós.

Fas 70 anos e, como cada 1 de outubro, temos unha lembranza para ti, porque nos marcaches as vidas. Ao «Marcof» Lasén fixéchelo cantante, o teu altofalante no Santiago revoltoso; ao Cuqui Silva e a min metíchesnos a poetas de circunstancia; á María González Encinar -a Rapaciña nova de Monforte- fixéchela unha cálida e oculta estrela.

Ela non tiña os quince anos dos versos senón dezaseis, pois ía facer preuniversitario a Madrid naquel exprés en que nos atopamos. Pero «quince» ten dúas sílabas e «dezaseis», tres. Cadrou mellor na métrica, e a partir dese momento centos de miles de rapaciñas novas de toda Galicia fixéronse fans túas, do cantante tenro que lles tocaba o corazón.

A vida foinos xuntar á María, ao Cuqui e a min en Bruxelas, onde falamos moito de ti. Cando a María era directora do Instituto Cervantes da capital da Unión Europea, chegamos a soñar que volveses onda nós e que deses alí un recital coa túa pouca voz de grande compositor... Ti fuches o noso Chico Buarque de Holanda. Nunca ninguén, nin en Galicia nin en toda España, puido chegar a imitarte. Gloria haxas para sempre, amigo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos
Comentarios

Rapaciña nova