Celebramos esta semana o Día Mundial do Medio ambiente, co lema «Conectar á xente coa natureza», que tenta estimular estratexias sustentables que mitiguen os impactos do cambio climático e melloren o benestar e a cohesión social. A temática levoume a Dublín, onde tivo lugar o kick-off (xuntanza de arranque) de Connecting Nature, unha acción innovativa europea, na que participa a UDC, que conecta directamente có lema central e trata de fortalecer solucións baseadas en natureza, cun enfoque na resposta das ciudades ao desafío do cambio climático. A nosa simbiose coa natureza é o motor deste impulso, algo que non comparte Donald Trump quen, como preámbulo a esta edición, decidiu a súa retirada do Acordo de París, con consecuencias para a economía.
Empregos relacionados coa transición enerxética virán agora para Europa ou mesmo para China, un país cada vez máis competitivo no liderazgo de enerxías renovables. Poñer freo ao desenvolvemento dun mercado que asume progresivamente a cultura da descarbonización é prácticamente imposible. Se Europa se mantén unida no seu plan de transformación e tránsito cara ás enerxías renovables e economía verde, o mercado, e consecuentemente o emprego, se moverá tamén cara a unha industria máis limpa, menos dependente do carbono.
Reducir esta dependencia é xa una meta e un camiño polo que discurren moitas cidades europeas, con follas de ruta e obxectivos de desenvolvemento de oportunidades para o emprego a partir de solución económicas baseadas na utilización de recursos naturais.