A UCD esfarélase

Siro
siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

20 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Nos primeiros meses, Calvo Sotelo conseguiu elevar o nivel de aceptación da UCD do 26 %, que tiña con Suárez, a un esperanzador 40 %. As derrotas electorais en Galicia e Andalucía trocaron o signo da tendencia e a aceptación da opinión pública volveu baixar. Ademais a imaxe de Calvo Sotelo foise percibindo como a dun home á dereita de Suárez, sobre todo cando no outono de 1981 forzou a dimisión do director xeral de Radio Televisión Española, Fernando Castedo, e substituíuno por Carlos Robles Piquer. O certo é que Rodríguez Sahagún levaba tempo pedíndolle o cese de Castedo, a quen acusaba de favorecer ao PSOE e de poñer na dirección de Radio Nacional de España a Eduardo Sotillos, militante deste partido. A elección de Robles Piquer foi desafortunada e en xullo de 1982, só nove meses despois da designación, o presidente do Goberno pediulle a dimisión. Días antes tivera que comparecer ante unha comisión do Congreso pola emisión do programa El golpe a la turca, que algúns entenderon como apoloxía do terrorismo. 

As diferenzas de criterio respecto ás leis do divorcio, das televisións privadas e da autonomía universitaria provocaron as desercións na UCD, que pasou de 168 deputados a 151. Calvo Sotelo convocou eleccións.