As primeiras autonómicas en Galicia

Siro
siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

SIRO

06 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

SIRO

As primeiras eleccións ao Parlamento galego celebráronse o 20 de outubro de 1981, co temor de todos os partidos participantes á abstención. De pouco valeron as mensaxes que animaban a votar porque só un de cada catro galegos acudiron ás urnas e a abstención acadou o 57,3 %, a máis alta nunhas eleccións autonómicas. Cando se alude a «razóns técnicas» para explicar o comportamento do electorado galego, esquécese que no referendo convocado por Franco en 1966, para aprobar a Lei Orgánica do Estado, os galegos emitimos o voto masivamente.

As eleccións autonómicas de Galicia supuxeron o primeiro revés da UCD, que, con 24 escanos, foi superada por Alianza Popular, que obtivo 26. Leopoldo Calvo Sotelo di nas memorias: «Perdimos por dos escaños: un enredo último de Meilán y de Franqueira había hecho fracasar dos meses antes la candidatura de José María Suárez, rector de Santiago y La Coruña. José María Suárez hubiera gobernado en Galicia con Fernández Albor como conselleiro de Sanidad». O candidato foi o presidente preautonómico José Quiroga e Xerardo Fernández Albor encabezou as listas de Alianza Popular. O PSOE obtivo 16 escanos; a coalición BNG-PSG, tres; o PCG, un e EG, un.