O aceite de colza

Siro
siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

SIRO

01 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A colza é unha planta da familia das brasicáceas, coma os repolos, as coliflores e os nabos, que se cultiva para extraer un aceite que, despois dun proceso de refinamento, se usa en varios países na alimentación. En España practicamente só se utiliza con fins industriais, polo que debe levar un colorante que o identifique. Na primavera de 1981 produciuse unha intoxicación masiva que afectou a máis de 20.000 persoas e causou a morte a varios centos. Despois de seis anos de investigación xudicial, o Tribunal Supremo considerou probado que o aceite de colza importado de Francia para uso industrial fora desviado de forma fraudulenta ao consumo humano e condenou a 13 persoas a penas de prisión, que ían de seis meses a vinte anos.

SIRO

A enfermidade chamouse inicialmente pneumonía atípica porque os síntomas eran semellantes aos dalgunhas pneumonías. Non se pensou que puidese ser tan grave e o ministro de Sanidade, Jesús Sancho Rof, declarou que o axente infeccioso era «un bichito que si se cae de la mesa al suelo, se mata».

O doutor Muro, director do hospital del Rey, afirmou que os afectados polo aceite de colza eran minoría e que a orixe da enfermidade estaba nos tomates tratados cun praguicida en Almería. Perdeu o cargo, pero sempre sostivo esa opinión.