Razóns da dimisión de Suárez

La Voz

OPINIÓN

22 oct 2016 . Actualizado a las 10:38 h.

Leopoldo Calvo Sotelo, elixido por Suárez para substituílo, opinou nunha frase breve e clara: «El hombre que ha hecho la transición política no dimite por una sola razón; dimite desde un estado de ánimo». O estado de ánimo do presidente tiña que estar baixo mínimos, ante a gran confabulación para substituílo, na que estaban o PSOE, homes valiosos da UCD, dirixentes da CEOE, financeiros, xornalistas e quizais o propio rei, que, por fin, conseguira a volta de Armada a Madrid, a través do ministro de Defensa, Agustín Rodríguez Sahagún. Pero Suárez sabía que esa confabulación, que levaría á presidencia dun Goberno de concentración ao xeneral Armada, tentaba parar os golpes militares en marcha, que eran tres. Había algo máis, que Fernando Ónega subliña no libro Puedo prometer y prometo: Suárez non soportaba o desprezo e o odio da cidadanía, e sentiuse desprezado e odiado. Luis María Anson, que desde o 79 manobrou para quitalo do Goberno, di que dimitiu porque as sondaxes o daban perdedor nas próximas eleccións.

As razóns deunas Suárez no discurso de despedida: «Trato de que mi decisión sea un acto de estricta lealtad? hacia mi propia obra».

Suárez dimitiu por orgullo e dignidade.