Tarradellas pide «un golpe de timón»

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

20 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

Tarradellas temía que a España das dezasete autonomías crease unha crispación de consecuencias imprevisibles e díxolle ao rei en 1979: «España necesita un golpe de timón para resolver los graves problemas que un país como el nuestro tiene planteados? Si no ponemos todos los medios para construir la paz entre todos, la repetición de la catástrofe es una idea no descartable». Despois repetiuno en todas partes e a todas horas, e en 1980 declarou ao xornal O tempo portugués: «Estoy convencido de que es inevitable una intervención militar». Esa convición expresouna tamén en España: «Solo un cirujano de hierro podría salvar la situación».

Cando o 27 de xaneiro de 1981 presentou en Madrid o libro Todo un rey, de Pilar Cernuda, José Oneto, Ramón Pi e Pedro J. Ramírez, comparou a crispación do momento coa de 1934 e puxo a confianza no rei «porque algún día puede ser útil para todo el pueblo español».

Era opinión xeneralizada que Tarradellas pedía o golpe de temón contra Suárez, incapaz de reconducir a situación; sen embargo aquel mesmo día desculpouno en Diario 16 e o presidente confioulle que «el golpe se produciría».

Contouno á prensa catro anos despois, un día de incontinencia verbal aguda.