Incendio no hotel Corona de Aragón

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

Siro

Ás oito da mañá do 12 de xullo de 1979 produciuse un incendio no hotel Corona de Aragón, de Zaragoza, que causou 83 mortos e máis de cen feridos. Moitos clientes eran familiares dos cadetes da Academia Militar que aquel día recibirían os galóns de alféreces; entre eles a viúva de Franco e os marqueses de Villaverde con dous fillos.

O rumor de que fora un atentado de ETA foi desmentido polo gobernador civil da provincia, Francisco Laína, e polo xefe superior de policía. A versión oficial afirmou que o incendio comezara na freiduría-churrería da cafetería cando se preparaban os almorzos.

Admitir que se trataba do maior atentado de ETA, dirixido, ademais, contra os militares, era demasiado perigoso; e nin sequera a banda o vindicou. A Audiencia Provincial de Zaragoza dictaminou en 1981 que «no resulta debidamente acreditada la perpetración del delito». Sen embargo, en 1990, o Consello de Estado deu aos falecidos categoría de víctimas do terrorismo; e no 2009 o Tribunal Supremo fallou que o incendio tivo tres focos, polo que foi causado por tres persoas. O único por esclarecer é a identidade do «morto 78», enterrado en Barcelona con nome e documentación falsa, que ninguén reclamou.