Son sirio


Son sirio, teñen que tratarme ben. Na Noitevella, foi o que dixo un dos agresores sexuais da estación de Colonia á policía. E difícil que unha frase resuma tan ben a nosa contradición máis pesada: ¿temos que tolerar a intolerancia? Está por ver se o máis de medio milleiro de agresións a mulleres de Colonia foi un acto terrorista organizado, pero si parece probado que boa parte dos agresores eran homes aos que as vítimas describiron como de «aparencia árabe», persoas que seguramente confundiron o comportamento natural das mulleres nunha festa como unha barra libre sexual. Dicir isto non implica nin identificar os refuxiados cos terroristas nin entender que todo musulmán é un violador, pero o asunto si debe obrigarnos a pensar que Europa non soubo eliminar a intolerancia que aniña nesa cultura ao permitirlle, en xeral, non cumprir a súa parte do trato de convivencia: asumir as liberdades democráticas europeas. O laicismo, en fin, só se aplica a unha parte da cidadanía, mentres que aceptamos que outra parte se comporte desde a lei relixiosa, porque somos tolerantes. As europeas non deberiamos aceptar que os musulmáns que viven aquí, sexan refuxiados ou non, abusen de nós, porque non llo aceptamos a ninguén. Efectivamente, os homes educados en contextos especialmente machistas tenden a comportarse coas mulleres como sucedeu en Colonia (toqueteos, bicos roubados e, no peor dos casos, violacións); e non é que nós vivamos no paraíso feminista, pero si logramos estigmatizar eses comportamentos. A proba de que os agresores consideraban normais as agresións é que identificaban «tratar ben» con permisividade sexual. Só é unha cuestión de feminismo e de laicismo, de nada máis.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
19 votos
Tags

Son sirio