Lei de Amnistía

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

02 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Siro

As mobilizacións a prol da amnistía seguían producíndose, sobre todo, no País Vasco. En xaneiro de 1977, Felipe González, Antón Cañellas, Joaquín Satrústegui e Julio de Jáuregui pediron a Adolfo Suárez una lei de amnistía para os delitos de intencionalidade política que se produciran entre o 18 de xullo de 1936 e o 15 de Nadal de 1976. Nove meses despois entraba en vigor a Lei de Amnistía elaborada por Pilar Brabo e Marcelino Camacho (PCE), Xabier Arzallus e Mitxel Unzueta (PNV), Plácido Fernández Viagas e Pablo Castellano (PSOE), e Donato Fuejo (PSP). O portavoz do Goberno, Rafael Arias-Salgado, presentouna no Congreso como unha lei necesaria para construír a democracia que «quiere superar y trascender las divisiones que nos separaron y enfrentaron en el pasado». Tamén Marcelino Camacho, ao defendela, falou da súa necesidade para conseguir a «reconciliación nacional».

Aprobouse coa abstención de Alianza Popular. Antonio Carro, o portavoz, dixera: «No es buena medicina la amnistía. La única medicina que aplican las democracias más genuinas y consolidadas es una estricta aplicación de la ley». Anos despois sería invocada polo PP contra as demandas das asociacións de vítimas do franquismo.