A Lei para a Reforma Política permitía ao Rei nomear senadores «en número non superior á quinta parte dos elixidos», e don Juan Carlos nomeou 41, entre os que había destacados membros da UCD, como Alfonso Osorio; defensores da transición á democracia nas Cortes franquistas, como Belén Landáburu e Torcuato Fernández Miranda; vellos republicanos, como Justino Azcárate; personalidades das culturas periféricas, como Domingo García-Sabell; profesores, escritores e empresarios, como Fuentes Quintana, José Luis Sampedro, Camilo José Cela, Martín de Riquer, Alfonso Escámez, Guillermo Luca de Tena?
Entre os elixidos nas urnas, Josep Benet, o máis votado de España, o ex presidente Arias Navarro e o sacerdote Lluís María Xirinacs, independentista catalán, que anos despois defendería os crimes de ETA.
No Senado debatéronse «a cuestión nacional de España»; os termos nación e nacionalidade; o recoñecemento do castelán como idioma nacional; o novo escudo español? Cela interviu nos debates e participou na redacción de varios artigos; sen embargo o máis comentado do seu paso polo Senado foi o peido que lle tirou a Xirinacs, cando falaba cun grupo fóra da Cámara. Deixouno mudo, e Cela animouno:
-Prosiga, mosén.