Un amigo envíame a imaxe do papel que apareceu na caixa de correos duns veciños de Tarragona que colgaron no seu balcón a bandeira española. É tan incrible o que di que tento confirmar os feitos, e chego a unha páxina web titulada Lleidatans que non volen la independència, que son os que deron publicidade ao sucedido.
O papel, que é anónimo, manifesta o malestar do autor ante a exhibición da bandeira española por parte duns veciños que «comen y visten» nunha terra que os acolleu con gran estima, e ínstaos a abandonar Cataluña: «Si no están contentos aquí, puerta, que no nos hacen ninguna falta». Coñece aos seus veciños, porque lles di que non teñen idade de facer «esas tonterías» que son «payasadas» que molestan ao resto de veciños. Conclúe xustificando o uso do castelán no seu anónimo: «Les redacto esta misiva en su lengua, ya que tengo más educación que ustedes». Non está claro se se considera máis educado por ser capaz de expresarse en castelán, ou por ter esa deferencia cara aos non cataláns, que, pola contra, expresan «con la bandera izada en el balcón su idea de país».
O nacionalismo catalán dexenerou a formas de xenofobia, fanatismo e intransixencia absolutamente incompatibles coa democracia. O papel pode ser obra dun fanático, pero o ambiente favorece estas actitudes. A coacción que hoxe se exerce en Cataluña contra os non separatistas é un feito indiscutible.