Suárez e os militares

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

15 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

«A los únicos que no he conseguido poner en su sitio ha sido a los militares», díxolle, con pesar, o presidente Adolfo Suárez ao ministro Martín Villa. Cóntao Fernando Ónega no libro Puedo prometer y prometo, no que recorda, ademais, que o estamento militar recibira a Suárez con moitos receos e cada paso aperturista que o Goberno daba interpretábao como unha traición. Nos enterros dos militares asasinados por ETA e polos GRAPO manifestábase o desacordo dos cuarteis co proceso democrático. Ónega describe a situación nunha afirmación tan impactante como veraz: «El ruido de sables ha sido como la banda sonora de la transición».

E sen embargo houbo un día no que o presidente Suárez creu ter gañada a confianza dos mandos dos exércitos. Foi o 8 de setembro de 1976, cando se reuniu con tenentes xerais e almirantes para explicarlles o proxecto e conseguir o seu apoio. Volveu eufórico, coa convición de que o entenderan. Como esperaba, preguntáranlle pola legalización do Partido Comunista, e respondéralles que as recentes modificacións no Código Penal non o permitían. O capitán xeral de Burgos, Mateo Prada Canillas, deixouse levar pola emoción e berroulle: «¡Presidente, viva la madre que te parió!».