Fráxil memoria

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Vivir á velocidade á que nos movemos non trae moita cousa boa, ben o sabemos. Facilmente esquecemos quen somos, e de onde vimos. Pero os humanos temos a curiosa teima de esquecer. Por iso é ben complicado camiñar cara adiante, porque tomar a dirección correcta faise complicado.

Temos unha memoria moi despistada. Pero os humanos temos a curiosa teima de esquecer. A moita velocidade. Alguén sabe que pasa con Bárcenas? E que é da prima de risco, da que ninguén fala, e almorzaba con nós cada día? Se non nos daba os bos días, parecía que andabamos sen rumbo. E o ébola? Que foi da enfermidade? Igual calquera día aparece outro caso e volvemos a non saber por onde movernos, e como facelo... Mellorou algo o sistema sanitario? Non sei, creo que hai ben pouco estabamos todos preocupados, e os traballadores manifestáronse claramente. Nin sequera volvín saber nada do pequeno Nicolás? Que foi del? Inventárao todo ou había algo de realidade no que contaba? Xa pensei que ata iamos pasar por alto que hai 70 anos se autorizou o lanzamento dunha bomba atómica sobre a localidade xaponesa de Hiroshima. Pero non: 140.000 vidas humanas son demasiadas para unha fráxil memoria.