Do PSOE Renovado porque o do PSOE Histórico xa se celebrara no mes de octubro de 1976, aínda que os medios de comunicación a penas lle fixeran caso. A escisión dos socialistas producírase no XXV Congreso, celebrado en Toulouse, en 1972, cando as teses anovadoras dos socialistas do interior se impuxeran ás dos exiliados. Rodolfo Llopis, ata entón máximo dirixente do partido, non aceptara a destitución e fundara o PSOE Histórico. O PSOE Renovado elixiu unha dirección colexiada na que estaban, entre outros, Nicolás Redondo, Pablo Castellano e Felipe González.
No XXVI Congreso, celebrado en Suresnes, en 1974, Felipe González foi elixido secretario xeral coa axuda de Nicolás Redondo, favorito das bases. Ese mesmo ano a Internacional Socialista recoñeceu o sector renovado como PSOE lexítimo.
O 5 de Nadal de 1976, despois de trece no exilio, o PSOE puido celebrar en Madrid o XXVII Congreso, no que Felipe González, apoiado polas grandes figuras do socialismo europeo, como o sueco Olof Palme, o alemán Willy Brandt e o francés François Miterrand, foi ratificado no cargo de secretario xeral, e Ramón Rubial nomeado presidente. Contra a opinión de Felipe González, o PSOE seguiu declarándose marxista.