¿Por qué Suárez?

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

Quen primeiro falou das posibilidades de Adolfo Suárez para ser designado presidente polo Rey foi Ricardo de la Cierva, en El País, o 23 de maio de 1976: «Para este cronista el candidato mejor situado hoy ante el acceso a la Presidencia es el conde de Motrico. Los outsiders son, en primer término, el presidente de las Cortes, don Torcuato Fernández Miranda; y aunque algunos van a sorprenderse, el ministro secretario del Movimiento, don Adolfo Suárez». Despois lamentaría a elección de Suárez no artigo «¡Qué error, qué inmenso error!», que non lle impediu ser o seu conselleiro para asuntos culturais en 1978 e ministro de Cultura en 1980. Por certo, ao cesar no cargo e volver ao xornalismo, varios columnistas pediron para el, urxentemente, outro ministerio porque desestabilizaba menos e polo ben da profesión.

Don Juan Carlos explicou a José Luis de Vilallonga que elixira a Suárez por ser xove e moderno, proceder do franquismo e non ser sospeitoso de querer cambios radicais. Ademais era abondo ambicioso para desexar protagonizalos.

Suárez tiña tamén o apoio de Torcuato Fernández Miranda, seguro de que faría o que el mandase, pero non tardaría en comprobar que «estaba en un error, un inmenso error».