O día 5 de abril de 1976, un grupo de 29 presos políticos -os máis deles membros de ETA- fuxiron do cárcere de Segovia, considerado de máxima seguridade, excavando un túnel que os levou dos lavabos ao sistema de alcantarillado da cidade. Entre augas fecais percorreron 800 metros para chegar a unha zona industrial, onde os agardaba un comando exterior que os trasladou no tráiler dun camión de transporte de madeira ao pobo navarro de Espinal, próximo á fronteira. Alí deberían agardar a un mugalari, que durante a noite os conduciría a Francia; pero o mugalari non se presentou. Ao tentar cruzar os montes sen guía, en plena noite e con néboa, desorientáronse e foron interceptados pola Garda Civil; produciuse un tiroteo co resultado dun morto -o anarquista catalán Oriol Solé Sugranyes- e 21 detidos. Só 4 fugados chegarían a Francia.
No Consello de Ministros do día 9, o presidente Arias quixo que o Goberno felicitase ás forzas de orde público pola brillante captura, e Fraga, eufórico, falou de crear un penal inexpugnable na fortaleza de La Mola, en Mahón. Sen embargo, é probable que sen as tensións entre ETA Militar e ETA Político Militar, aquela noite o mugalari acudise á cita e a fuga fose un éxito.