Indulto real

Siro
Siro IMAXES DA TRANSICIÓN

OPINIÓN

D ionisio Ridruejo, o intelectual falanxista que nunha entrevista persoal acusou a Franco de utilizar a Falanxe ata a traición; en clara oposición ao Réxime dende 1942, morreu o 29 de xuño de 1975, sen poder ver a democracia. Ao enterro asistiron coñecidas personalidades das dúas Españas, como Pilar Primo de Rivera e Serrano Súñer; e Laín Entralgo, Julián Marías, e Miguel Boyer. Sen embargo, as dúas Españas seguían tan enfrontadas, que o Goberno, temendo a insurrección ao coñecerse a morte de Franco, dispuxo a operación Lucero para impedila militarmente. A entrada en Madrid de numerosos camións con soldados chegados de toda España, contrastou coa calma que se viviu na cidade.

O 25 de novembro de 1975, Juan Carlos I concedeu un indulto que excarcelou a 5.655 presos, entre eles Marcelino Camacho e outros nove dirixentes do sindicato clandestino Comisións Obreiras, condenados no chamado Proceso 1.001. Detidos en 1973, xulgados un ano despois, o mesmo día que era asasinado Carrero Blanco, recibiron penas severísimas, que ían de 20 anos a Marcelino Camacho, 19 a Nicolás Sartorius e o cura obreiro García Salve, aos 12 impostos a varios. O Supremo revisaríaas un ano despois e rebaixaríaas notablemente.