17 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.
Miguel Arias Cañete, que como ministro devoraba iogures caducados, revélase, como cabeza da candidatura do PP ás europeas, todo un farfallán coas mulleres. Leriante e sobrado, deu ás súas compañeiras de partido unha patada que pretendía dirixir a Elena Valenciano. Os eloxios posteriores a Dolores de Cospedal ou a outras camaradas pouco consolo son, para elas e para calquera muller que se prece de selo.