Gloria póstuma

OPINIÓN

O despregamento de cerimonias e os eloxios ao defunto presidente Suárez demostran que somos un país afeccionado ás loanzas póstumas á quen, vivo, foi vítima da nosa indiferenza cando non de ataques e desprezo. En Galicia temos un exemplo claro. Rosalía de Castro, hoxe xustamente recoñecida como unha gloria nacional, sufriu a indiferenza dos que falaban castelán (non aparece en ningunha antoloxía da época) e dos galegos que deberían bicar onde ela pisaba, porque foi a autora que devolveu ao galego á categoría de lingua literaria, e a das reivindicacións sociais do seu pobo. Coñecendo o seu destino, escribiu aos 22 anos: «¡La gloria después de la muerte!... ¡Llenadme de felicidad, sembrad flores en torno mío y apartad la hiel de mis labios en tanto existo, vosotros, los que me amáis!...Las riquezas, el poder, la gloria... y sobre todo el cariño de vuestro corazón dejadle que sonría en torno mío (...) Pero en el momento en que mis ojos se cierren a la luz y en que mi sangre deje de animarme, olvidadme si queréis y dejad al tiempo que siembre silencio sobre mi sepulcro...»As loubanzas póstumas non borran a inxustiza. Demos respecto, admiración e cariño a quen o merece en vida, e non esperemos a darllo cando xa non pode gozalo.