Facenda non somos todos, ou cando menos, non todos por igual. No caso Nóos, apareceron facturas falsas que non o eran. Resultaban boas, das mellores? Ben, auténticas de todo parece que tampouco, pero simuladas? si. Con tanta simulación e diferido, estou desconcertada. É que ademais, non lles sorprendeu que houbera ingresos descomunais sen producírense gastos ningúns. Grandes empresarios, iso non ten dúbida, porque unha fundación que só xere ingresos, ¡iso é o soño de calquera emprendedor! Hai máis. A entidade tiña que pagar caterings ou safaris para desenvolver as súas funcións. Normal. Iso podo entendelo, pero outras cousas non. Porque se iso é así, e se a xustiza o di, será? o que non me cadra é que eu, autónoma, con residencia na Coruña e traballo en Santiago, merquei un coche para poder desprazarme. Pero? ¡ollo! Non puiden nin desgravar todo o IVE correspondente á compra porque, ¿como xustificaba eu que era exclusivamente para traballar e non para outros desprazamentos? Falo só do IVE, ¡non do importe completo! Iso si, cando emito unha factura, cóbrea ou non a cobre, pago por adiantado o devandito imposto. Logo xa me pelexarei con quen teña que facelo. Iso chámase coherencia. ¿Que non? Menos mal que, polo menos, nolo poñen moi sinxelo. Declaración trimestral, anual e? ¡resumo final! Que como non cho explican, igual non entregas. Menos mal que che envían unha carta nunha linguaxe inintelixible ameazando cunha multa? E esta, non vai ser simulada. Así que todos todos? non somos tan iguais.