En chándal

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Hai herdanzas ben diversas: a cor dos ollos, a forma das mans, as propiedades, as afeccións, incluso o trono dun país. Un recolle dos antecesores cousas insospeitadas.

Os irmáns pequenos herdaban a roupa dos maiores, e isto pasa tamén cos dirixentes dun país. ¿Hai traxe oficial en Venezuela? ¿Ou en Cuba? ¿Por que van de chándal os máximos mandatarios?

A prenda sempre deu problemas, coma se non estivese claro para que serve. A ver, fagamos un resumo. O chándal é para facer deporte, pasear a ritmo lixeiro ou estar na casa. Para todo o demais, existen roupas máis bonitas e axeitadas.

Hai tempo, estivo de moda poñer o chándal os domingos para ir tomar os chiquitos. Ollo, que isto non sería tan grave se non se fixeran combinacións un pouco estrambóticas, pois había quen calzaba zapatos. ¡Horror! E se era inverno, por riba do traxe de táctel poñían unha gabardina. Para facer dano á vista.

Por fin pasou a dedicarse só ao que lle cumpría, que era facer deporte. Agora menos, incluso, pois as mallas e pantalóns específicos deixaron un pouco de lado este conxunto.

Pero aínda quedan redutos nos que o chándal semella ser o traxe oficial dun país. ¿Vostedes imaxínanse a Rajoy ou Zapatero en chándal? Xa nos toman polo pito do sereno así en Alemaña, ¡imaxínanse se aparecemos ante a señora Merkel desa guisa!

¿Por que en Sudamérica resisten?