Ben o dixen aínda hai nada. A tregua de ETA non era completa. De ser verdadeira, non tería sentido que acaben de deter á cabeza do entrabado militar da banda terrorista. Se se tratase dun cese definitivo, non tería necesidade de manter vivo este sector, o bélico, e pola contra, aí está.
Novamente en Francia, deron coa xefa da organización e co seu segundo, e? ¿como estaban os dous? Pois? ¡armados! Tamén incautaron un coche roubado. A parella fuxía de hotel en hotel, de lugar en lugar. Vamos, o habitual que fai unha persoa normal, cargada de boas intencións e que non ten absolutamente nada que ocultar. Os cidadáns andamos por aí cunha pistola no peto, e sen residencia fixa, botando un día nunha cidade, e outro nunha vila próxima. Porque si, porque é o xeito de facer vida. En fin?
O peor de todo é que non nos resulta nada novidoso. Xa case estamos afeitos a este tipo de actitudes. Por iso fan desconfiar, porque o modo de desenvolverse non mudou. Si, certo. Non houbo atentados durante un ano, pero? reincido na miña petición. Entrega de armas, por favor.
É o punto que nos falta para pechar a confianza, para crer sen dúbidas que si haberá un mañá distinto. Mentres non chegue, eu non poderei crer aínda que todo isto rematou. Non ata que estea plenamente convencida. Polo menos, quédanos a esperanza de que seguen a perseguir o terrorismo. Certamente, niso non podemos cesar ata rematar, do xeito que sexa necesario, e poñer punto final despois da palabra fin.