Un territorio esmigallado

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

20 sep 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

É posible que os 600.000 cataláns que se botaron á rúa o día da Diada non fosen todos separatistas, pero agora xa o son. Díxoo o señor Mas e non ten volta. O camiño está trazado, e máis tarde ou máis cedo, Cataluña será un Estado independente. E tras Cataluña irán o País Vasco e Galicia, e as dezasete restantes autonomías.

Todas solicitarán o ingreso na UE, e a UE agardará un pouco e finalmente aceptará no seu seo a todas elas, porque resulta moi incómodo tirar de pasaporte e moeda diferente para ir tomar o sol ao Mediterráneo ou para facer o Camiño de Santiago, digamos como exemplo. Así que os pequenos países serán europeos, de décima categoría, pero europeos e independentes. Aínda que tamén pode ser que os de Vigo no queiran saber nada dos da Coruña, nin os de Cáceres con Badaxoz, ¡como se van comparar! E non lles digo nada de Bilbao, respecto a Biscaia, ou de Barcelona respecto ao resto de Cataluña. Así que é posible que o territorio siga a esfarelarse.

E pode ser que os musulmáns se lembren dos reinos de taifas, e pensen que chegou o momento de recuperar o que perderon. E, igual que fixo o sultán almorábide Yusuf ibn Tasufín no século XI, pasen o Estreito e conquisten todo o territorio. E que a fronteira entre o islam e Occidente sexan os Pirineos.

Buscar o que nos une e non o que nos separa, xuntarse para conseguir entre todos un ben común, parece aínda menos probable.