Isóbaras

| O |


«EN MIS ojos no ha parado de llover», canta Maná. Os mapas son instrumentos que, como Maná, tamén marcan as chuvias. Hai mapas que están pintados con ollos lindos no interior e outros, como navallas, queres deixalos no arcón dos olvidos. Hai mapas que teñen sorrisos (son rostros con risa incorporada) e outros que rabuñan o adentro con uñas de alfiler. Eu, nestes días, non quero nin mirar os mapas. As isóbaras contan que, a poucas horas do verán, aínda é inverno: qué incongruencia. Sucede ás veces. A un cústalle dar os bos días porque os días bos non se dan, séntense. Sentir é o que precisamos neste mundo insensible. Cando un sente, gana. Se non sentes, perdes. Perder e ganar son verbos que, sentimentalmente, posúen significados profundos. Eu colecciono mapas de sentimentos e iso faime máis alto, digno, humano. Colecciono mapas de caricias, que sempre ganan. E mapas de verdades que talvez foron mentira (e qué importa). Colecciono Peter Pan's para non crecer. E teño unha colección de títulos de liga perdidos. Son desa clase de tipos que sempre se deixa vencer por unha lágrima. Un sentimental, en suma. Por tal motivo non miro os mapas estes días: porque as isóbaras afirman que o inverno regresou. Ou sexa, que hai isóbaras de melancolía nos mapas do universo. Chove unha chuvia que nos regresa ao inverno. Esta columna é unha instancia. O que redacta insta ao destino para que pinte soles no mapa. O sol de Maná, por exemplo: este venres en Compostela. Amar es combatir , titúlase o seu último disco. Están equivocados. O amor non é un combate: é unha isóbara que traza todas as xeografías da alma. As que importan. As que permanecen e non se borran nas borrascas. Unha isóbara no mapa do corazón. Como Maná, que canta: en mis ojos no ha parado de llover...

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags

Isóbaras