A POLÍTICA é acción e representación. Como no cine, tamén no espectáculo da gobernación ao gran público gústalle máis ver acción que fixarse na actuación. É certo que as institucións precisan dos seus rituais, do seu facerse ver, e que os gobernados acaban por esixir que os gobernantes, ademais de levar o temón, sexan visibles. O exemplo máis claro: a sempre educativa crise do Prestige . Xa sabemos que se fallou por inacción, pero igualmente faltou presenza e xesto de mando; así, o revés foi completo. Na negociación do Estatuto a algúns parécenos que case non hai máis ca representación; e que, fóra de períodos constituíntes, as cartas magnas serven para tanto como as cartas aos Reis. Xa que é representación, por favor, non se atoen na trama e que chegue dunha vez o desenlace.