ASÍ, só con nome e apelido; en fermoso libriño sobre a fraternidade cristiá, Ratzinger lembra o refugo a títulos exclusivos do Evanxeo: Señor, Mestre, Padre, Monseñor... Lin varios libros do hoxe Papa, pero tralo concilio Vaticano II, a opción polo novo estilo conciliar, pastoral e comunitario alentados pola revista Concilium, ficou contrastada coa revista conservadora Communio, á que Ratzinger pertencía. Hans Küng afirma que Ratzinger non debería declararse Papa da Esperanza. Tampouco do Amor ou Caridade. Retranca non lle faltará a Küng, que lle propón apostar á declaración de Papa da Fe, pois acaba de superar case vinte anos de presidencia do que fora Santo Oficio ou Inquisición, censurando escritos e destituíndo persoas. E aínda na véspera do conclave que o ascendeu a Papa pronunciou un apaixonado sermón contra a «ditadura do relativismo», sen facer referencia a crentes católicos que temen que tal lle suceda nos asuntos de fe e de moral. Sorpresa que abeira a Joseph Ratzinger a unha situación recalcitrante. Silencio e futuro.