Seleccións

ARTURO LEZCANO

OPINIÓN

05 ene 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

COMO somos parte, aínda que non xuíces, deixaremos a caza de bruxas que botan fume para outro día. Somos parte, xa se entende, porque botamos fume, porén non fumamos en cachimba. Arranxámonos sen problemas. Máis vale falarmos dos tempos chegados da selección galega e da simultánea selección galega en forma de libro de relatos. Os xogadores brancos e azuis fixérono ben, malia a falta de concentración dos últimos minutos; os partidos non rematan ata que remata o tempo acrecentado, unha circunstancia que non asimilan os siareiros, o mesmo que os empates cando cada encontro suma tres puntos, o que se nota moito cando a liga conclue. Canto ao libro, bo, se ben todas as seleccións son discutíbeis. ¿Por qué só 11 escritores e non 22? De todos os xeitos así como no caso do fútbol Galicia dou os dous mellores xogadores de toda España, Suárez e mais Amancio, entre os literatos salientan máis. Por suposto na devandita publicación os cumes son Rosalía, Otero, Risco, Blanco Amor. Agora que o único relato futbolístico é Que gordo e que feo estás , do Casares, delicioso percorrido polos avatares de Alfredo di Stefano. O conto do Carlos é excelente, case case á altura de Kubala. Case.