Vellos dependentes

| MARINA MAYORAL |

OPINIÓN

A SOCIEDADE está tomando conciencia da necesidade de socializar a axuda ás persoas de Idade que non poden valerse por si mesmas. Din que o Sistema Nacional de Dependencia comezará no ano 2007 e estará completo no 2015. Ata agora o coidado dos vellos estaba encomendado ás mulleres da familia. Nun 83% son mulleres de cincuenta e pico de anos, sen traballo remunerado, que, ademais de coidar dos pais, poidan dos netos, mentres as fillas traballan fóra da casa. Mulleres, que, de seguir as cousas coma ata agora, non terán quen coide delas e irán dar, se teñen sorte, a unha residencia pública, ou, se non a teñen, a un asilo. Trátase dunha xeración intermedia que non recibirá o coidado que eles deron aos seus maiores. Teño unha amiga, colega miña durante moitos anos, que está recluída nunha residencia de luxo, das que custan tres mil euros ao mes. Na súa casa morreron a súa nai e a súa sogra. Ela traballaba na universidade, pero tivo tempo e ganas para manter cabo dela aquelas dúas persoas. Agora languidece de soidade, moi consciente aínda, rodeada de vellos igualmente solitarios e suspirando pola súa casa. O Sistema de Dependencia contempla que a persoa que coide do familiar dependente reciba unha compensación económica e a afiliación á Seguridade Social. Isto remediará situacións moi inxustas que se dan na actualidade, pero ao longo non é viable se non se complementa con outras medidas. A incorporación da muller ao mercado laboral é imparable. Por iso, mentres o coidado dos vellos dependa maioritariamente das mulleres e mentres os horarios de traballo non sexan máis flexibles, non poderán ocuparse deles. Ou os homes comparten responsabilidades e as empresas públicas e privadas humanizan os seus horarios ou a única solución é multiplicar as residencias públicas, onde non se limitan a un entorno de luxo coma a da miña amiga, senón que ofrecen compañía, diversión e ocupacións gratas aos residentes. Probablemente ese sexa o noso mellor futuro.