22 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.
É lei. A Constitución española di: «O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala». O Estatuto de Galicia di: «A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos». O Estatuto engade: «Ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua». O que pasa. En Galicia estanse a facer xa probas en exames de acceso á Administración con versión única en galego. É dicir: discriminatorias para os que queren exercer o seu «dereito» a empregar o castelán, polo de agora cooficial en Galicia. ¿É iso constitucional? Amamos o galego, pero tamén nos gusta que se cumpra a lei e se respecte aos demais.