Información en las páginas 2 a 7 A HISTORIA será a que diga ata qué punto este Papa polaco -que estudou no seminario clandestino dunha Igrexa perseguida, que traballou nunha canteira, que defendeu con todas as súas forzas aos vellos e aos nenos, aos enfermos e aos que nada teñen: o que nunca quixo baixarse da Cruz- cambiou o mundo para sempre. Pero mentres a historia non fala, mentres a imaxe de Xoán Paulo II aínda pervive nas retinas -agora, cando o eco da súa voz aínda se sente- quizais non estará de máis dicir que se o camiño dos altares require milagres, el xa fixo o primeiro: conmover, co seu compromiso a favor da vida e en contra da guerra, o corazón de todos os pobos, que onte choraron xuntos vendo como o vento pasaba, sobre o seu cadaleito, as páxinas dos Evanxeos.