Médicos

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |

12 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

A SÚA función está banalizada polos anuncios de mutuas, medicamentos, dietas salvadoras. Ás veces confúndense cós de Hospital Central (Vilches, ese sátiro sentimental) ou con George Clooney, de Urgencias : todos son muy guapitos y no se manchan las manos jamás. Rajoy e Zapatero non debaten sobre eles: prefiren a Ibarretxe. Ganan menos que a maioría dos políticos que coñezo. Son titulares de periódico só cando meten a pata (¿Tú no la has metido nunca, chaval?). Ganan menos, incluso, que os imbéciles que van de tertulia polas Crónicas Marcianas deste país mediocre, mediotonto, mediosardá. Sen embargo, elas e eles manteñen o tipo cando o noso tipo flaquea, treme, chora. Levantan o ánimo. Qué digo ánimo. Levántannos a vida. Por ese motivo non coñezo unha profesión de maior mérito. Os demais, ao seu lado, somos ananos. Tan pequenos que só podemos escribir as páxinas usadas de cada día. Aos médicos e ás médicas debémoslles un aplauso fervoroso, entusiasta, amante. A tempo total. Con bicos flores bolboretas. Con terciopelo azul. Con boleros: por tu amor que tanto quiero y tanto extraño que me sirvan una copa y muchas más. Con poemas. Y entre Zapatero y Rajoy, yo me quedo con Vilches. Te lo juro.