Eu ben ouso

XOSÉ CHAO REGO

OPINIÓN

01 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI ANOS recibo este anónimo: «Por favor, escriba sobre la homosexualidad. Un católico atormentado» . ¿Como explicarlle que varias referencias a este tema en revistas e xornais non viron a luz? Por fin en 1999 apareceu A condición homosexual, de 200 páxinas e máis de 100 citas. Datos que ofrezo coma garantía de seriedade. Monseñor Roberts, arcebispo de Bombai, ironizaba en qué consiste unha lei que sendo eterna, universal e inmutable , só a coñecen os católicos. Ulpiano defendeu a lei natural: «O que a Natureza ensinou a todos os animais», pero varias especies de bichos practican homosexualidade frecuente. Roma deixou a Ulpiano amparándose en Cicerón, ¡primeiro pagán citado coma un Santo Padre! ¿A que se deberá o novo rigor? ¿Por relativizar o escándolo da pederastia de eclesiásticos? ¿Será distración do tema máis espiñento: o plurisecular do ensino relixioso e privilexios en perigo? Tal ouso pensar.