22 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.
HABÍA unha película de Mario Moreno Cantinflas que coido se titulaba No me defiendas, compadre . Estamos en tempos de moitas cantinfladas, sobor de todo a nivel político e de políticos. Agora chega a España Hugo Chávez e somentes aterrar solta unha chea de gabanzar para Rodríguez Zapatero, que ao meu xuizo, e cecáis de moitos, era millor que non o ensalzara tanto. Pois si as ofensas tómanse de quen veñen, os elogios hai que ter coidado con quen os fai. Sobor de todo de un personaxe nada fiable para os demócratas. Eisí pois, sería mellor que como na película citada, non defendera a Zapatero.