Valenciano «versus» catalán

OPINIÓN

ESTE ARTIGO podía levar por título Política contra Filoloxía ou Pasión contra Razón .Ou ¿Por que os filólogos non asesoran ós políticos para que non digan barbaridades lingüísticas? Coido que a estas alturas da discusión debería ser de dominio público que no antiguo territorio dominado polo imperio romano, ou sexa, na Romania, considéranse linguas dende un punto de vista estrictamente filolóxico aquelas falas que derivaron directamente do latín. E considéranse dialectos as variantes de estas falas. Linguas románicas son: o italiano, o francés, o sardo, o provenzal, o catalán, o castelán e o galego-portugués. E dialectos son todas as falas que derivan destas linguas como consecuencia do que se chama substratos lingüísticos: as falas anteriores que había neses territorios. O vasco é unha lingúa, pero de orixe non románico (quizá caucásico). Na península Ibérica, aló polo século XI, había falas que se diferenciaban do latín de Roma polo efecto dos substratos célticos e ibéricos e tamén polos contaxios lingüísticos de xermanos e árabes. Estos primitivos dialectos do latín eran, no Norte, o galego-portugués, o leonés, o castelán, o navarro-aragonés e o catalán. No sur había varios dialectos mozárabes. Nos séculos seguintes o castelán absorbeu ao leonés e ao navarro-aragonés, os mozárabes desapareceron, e castelán, galego-portugués e catalán desenroláronse, produciron unha literatura escrita, fixáronse mediante unha gramática propia e quedaron así contituidas en linguas romances (antigos dialectos do latín de Roma) ¿E o valenciano? O valenciano é unha variante lingüística do catalán, é dicir, un dialecto, que xurde cando a Reconquista avanza cara ao Sur e alí mézclanse a fala dos mozárabes coa dos reconquistadores, que eran aragoneses ou cataláns. Por tanto non é unha «lingua románica», pero sí un dialecto con peculiaridades suficientes como para que os valencianos a sintan como fala propia da súa comunidade. Filoloxía dixit.