NON sería eu quen a estas alturas xustificase ou negase se o Sadam fica incurso en crímenes contra a humanidade. Eso hai que deixalo para quenes o xuzguen e teñan probas delo. Estaría lindo, co que xa sabemos, que nos fósemos a fiar do que nos din os esbirros informadores dos ianquis. Trátase só de erros que se aprecian de bulto. Os iraníes ficaron sorprendidos de que entre os cargos que lle aplican a Sadam non figure a guerra desatada por Iraq contra eles do 1981 deica o 1988, que causou tantas mortes entre os iraníes polo emprego de gases asfixiantes. Os iraníes deberan rexistrar (aínda que non se sabe se o fixeron e as axencias o ocultaron) que aquela guerra estaba apoiada polos ianquis coa complicidade dos iraquíes que vían un perigo para a política do Baaz que o Irán se erguera en guía da revolución islámica. Este perigo tamén o vía EE.?UU. para os seus intereses e non dubidou en fornecer de material de guerra, incluidos os terribles gases, aos iraquíes, e até nós os españois, ben mandados, estivemos producindo armas para apoiar a guerra contra Irán. En Ourense fabricáronse obuses de cañón para esta guerra, porque o negocio é o negocio. Non se entende que os iraníes ignoren todo esto e lles sorprendan que nos cargos a Sadam falle esta acusación. Por moito odio que os iraníes lle teñan a Sadam non deberían ocultar esta realidade sabendo que eses xuíces que o van xuzgar non son máis que marionetas ao servicio dos ianquis. ¿Como eles ao servicio dos intereses dos Bush e compañía ían meter esa guerra que compromete aos seus amos? Este foi un dos grandes erros de Sadam. O outro en non ver a xenerosidade dos ianquis no apoio en armas de todo tipo que lle facilitaron contra o Irán. E o Sadam non foi moi intelixente en crer que esa axuda era unha compenetración cos problemas do Iraq e confiado na amistade ianqui coidou que era o momento de recuperar o Kuwait para o Iraq, un territorio histórico que lle pertence e que hai cen anos un jeque vendéullelo aos ingleses, impresionados pola cantidade de petróleo que había nel. ¡Que pouco coñecía o Sadam a moral dos norteamericanos cando ulen petróleo! Eles sabían, como o sabían os ingleses, que ese recurso era o que ía mover o mundo, sobre todo o occidental como o está movendo nun 80% da súa economía. A invasión do Kuwait o mundo a veu como unha invasión dunha nación por outra, sen outra consideración e menos histórica, e aplaudiron o que se chamou a Guerra do Golfo, que lle deixou o ollo posto en todo o Iraq, que non pararon de atacalo até debilitalo e finalmente invadilo en base das invencións de que o Sadam tiña armas de destrucción masiva. Se hai máis de 70 anos ianquis e ingleses sabían que o futuro do mundo, ou o gran negocio para eles, estaba no petróleo, pode ser que hoxe non estén tan seguros que esta opulencia á que chegamos apoiada no recurso fósil poda seguir medrando e estén facendo actos desesperados para que non se vexa o retroceso e agardar o desenlace e que pase o que pase. Claro que o desenlace non vai vir de golpe e non se están tomando medidas económicas pola impopularidade que representarían e se sigue pensando só en autoestradas, que tamén se fan con petróleo para dar satisfacción aos que non pensan noutra cousa. Ao final vai ser China, coa cuarta parte dos habitantes da terra, a que vai dar o cantazo na tona das augas.