Anabolízate

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO

30 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

PILLAN A UN montón de individuos con anabolizantes e sae a debate o asunto do corpo, a súa manipulación, o culto ao físico e á musculatura portentosa. Pasear polas praias con barriga cervecera non está ben visto pola sociedade guapetona. O guaperas de praia debe presentar frondosos abdominais, un biceps tenso e un suave colorcito moreno sobre a súa pel canela hidratadísima. Elas, tamén. Adelgazan tanto que ás veces parecen a Olivia de Popeye el Marino. Rembrandt non está de moda, nin Botticelli, e as orondas Venus clásicas hai que buscalas nas oficinas de obxectos perdidos. Hai programas televisivos e radiofónicos que asustan. Te dicen que tienes que saber vivir y te mandan derechito al infierno: no bebas, no grasas, deporte, no estrés, no noche, no fumes. Somos un caso perdido. Anabolizámonos a diario con doses de tristeza e ilusión (para que esta, a ilusión, venza por fin á tristeza). Corremos polo túnel sen saída do amor ata partirnos a cara, e o corazón, en calquera esquina de ollos verdes. Saímos de noite. Bebemos. Graseámonos. E na praia, escoitando o mar, non nos sentimos peor que un guaperas. Comprobado cientificamente: en el fondo (aunque sea muy en el fondo) ellas nos prefieren así.