«Trágico desenlace para el equipo español». Con esta frase sentenciou Miguel González Míchel, o Sófocles de TVE, o partido Portugal-España. España va mal. A pesar de que cada campeonato escoitamos (radios, televisións, periódicos deportivos) que somos superiores. Pero non tocamos o éxito. E mira que o repiten os medios, e mira que se crean expectativas, e mira que tratamos ben a estes pipiolos que golpean un balón. Pero non tocamos o éxito. Porque o éxito, para tocalo, hai que buscalo primeiro. E España non xoga a ganar. Xoga a non perder. E xoga con dez, sempre. Un está instalado por decreto no campo. Corretea, declara, non declara, séntese presionado, entristécese mentres acaricia o número sete da súa camiseta branca. Escoitas a radio unha hora antes do partido e aparecen os alcumes: el niño, el tigre, el tiburón... La madre que los parió. A ver se aprendemos que España só ten un deporte nacional: Los Toros. Hai que buscar seleccionador, montarnos un mundial y muletazo a muletazo mostrar al universo nuestras habilidades. Raúl, al grito de torero torero, levantará la copa mientras nuestro Sófocles Míchel repite: ¡Qué calidad tienen nuestros jugadores! No lo dudes, ciudadano, España es superior.