¡Ay, señor!

La Voz

OPINIÓN

XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |

15 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

SE OS pobres non poden adquirir os productos que producen as grandes multinacionais, ¿por que as grandes multinacionais non intentan acabar coa pobreza? Se, como afirma Touriño, o avance do Pesoe é imparable, ¿por que o Pesoe perdeu dous puntos en tres meses e o Pepé subiu un? Se afirman que o amor move o mundo, ¿por que ao mundo parece non importarlle quedarse quieto? Se o litoral galego é o de maior risco, ¿por que temos que pedir prestado (máquinas, robots, barcos...) cando sufrimos unha traxedia? Se Israel é un país espiritual e piadoso, ¿por que goberna Sharon? Se Urdaci era o peor imposible da televisión, ¿por que os informativos de TVE seguen facendo propaganda do partido que goberna (y todos callan)? Se Raúl estaba lento e cansado, ¿por que o convoca Iñaki Sáez? Se o meu pai se xubilou cando cumpriu sesenta e cinco anos, ¿por que Fraga segue erre que erre traballando? Se gastamos máis de oitocentos mil millóns de dólares (afirma a Unesco) en armamento cada ano, ¿por que non gastamos seis mil millóns (afirma a Unesco) para acabar co analfabetismo no mundo? Y tú, chaval, si la quieres, ¿por que no se lo dices, tonto? Este mundo aún no lo entiendo. Y mañana cumplo cuarenta y uno. ¡Ay, señor!