XOSÉ CARLOS CANEIRO | O |
02 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.UNHA SENSACIÓN de naufraxio invade a miña alma nas tardes sen ti, pensaba don Manuel deitado fronte as ondas do mar de Vigo mentres Zetapé, con talante, le daba calabazas. Aquí, en Galicia La Última, están os seus paladíns para defendernos: Vázquez, alcalde de La Coruña y su puerto exterior; Pepe Blanco de Lugo, el azote de la derecha; o gran orador Touriño y la bobada esa de la segunda modernización de Galicia. Eles, que exercían de corifeo reclamante cando estaban na oposición, non critican o aprazamento sine die da visita do líder e disfrutan con Magdalena, qué simpática ella. Iso si, Zetapé trae en palmitas ao seu León, á Andalucía de González e Chaves. Se no Pesoe galego quedase un mínimo de decencia (¿queda?) repetirían que o plan Galicia non é unha esmola, é unha débeda máis histórica que a andaluza; que é urxente, que Zapatero está a portarse con nós con actitude humillante e ominosa. Iso si, todos temos tempo para a risa que provoca a medalla militar de Bono. Agora, con medalla ou sen ela, retomaremos un sintagma olvidado: Su Excelencia. A Bono le cae como anillo al dedo. Pero imaxino que a Zetapé, home de talante, non lle produce satisfacción... ¿Ou si? Con el Pesoe nunca se sabe.