O enxoval da noiva

| SANDRA FAGINAS |

OPINIÓN

falar.ben@lavoz.es O SÍNDROME Letizia apoderouse de todos nós a pasada fin de semana. O certo é que en nada se parecen estas vodas Reais ás vodas reais con minúscula, as do paquete de arroz La Cigala á saída da igrexa. Esta tradición de botar o arroz segue moi arraigada entre a xente común, aínda que xa se empeza a impoñer tirar aos noivos só pétalos de rosas. Son moitas, en realidade, as supersticións, ritos e tradicións que rodean ao gran día: como aquela popular e terrible de cortar a gravata do noivo e repartir os cachos entre os invitados a cambio de cartos. Ou o mal agoiro que dá que os noivos se vexan o día do casamento ou aquela outra crenza de que a noiva non pode facer a cama na que pasará a primeira noite co seu home. Algo azul, algo novo, algo prestado. As noivas, sobre todo elas, rodéanse de preparativos cerimoniosos como ese que aínda pervive de nais a fillas: o enxoval. Non hai como os casorios reais: con arroz á saída da igrexa, comida á esgalla e festa rachada. Xa o dixo Manolo Rivas: para vodas, as do Mesón de Pastoriza.