E. GONDREDO | O |
16 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.AFEITOS a desconfiar das promesas milagreiras, os galegos amosan moitas dúbidas sobre a execución do Plan Galicia. Saben que todo o que está comprometido é bo, pero pensan que os políticos sempre atopan outras prioridades. Pois abofé que este novo Goberno ten unha oportunidade irrepetible para deixarnos apampados: sinxelamente, cumprir o Plan.