TEMPOS houbo nos que o calendario litúrxico marcaba o noso interese; ignoro a resonancia que deixou marcada no noso peito o vocábulo «pascua», que nalgúns evocaba o trío revolucinario: « Liberté, fraternité, egalité ». ¿Libres? Deficiente escaparate para un termo escoltado pola precaución hixiénico-moral: «Unha cousa é liberdade e outra libertinaxe. ¿Onde pefirirías vivir, nos Estados Unidos ou no Imperio soviético?». «En Andorra», terciei. Aventurei que se eu fose negro de Manhattan e en paro, posiblemente a miña condición de pequeno burgués cobraría factura. O liberalismo sementou a mala herba da desigualdade social. E o neoliberalismo, peor. ¿Onde hai máis desigualdades, en Cuba ou en casa do Tío Tom? Preferible que llo pregunten á silla eléctrica. Víctimas dunha fraternité cainítica, a miña resonancia pascual pilla unha frase evanxélica -«A verdade faravos libres»-, con posible relectura ao revés: «A liberdade faravos verdadeiros».